O Neng... Todo un fenómeno...

Que pasa neeeeeeeng?? Esta é unha dos saúdos máis coñecidos no panorama actual. Escóitase á xuventude, a nenos, adultos e anciáns... Todo o mundo coñece a este personaxe creado no programa da Televisión Catalana, Una Altra Cosa, presentado por Andreu Buenafuente... Este personaxe pasou a ser de ámbito rexional a nacional, aparecendo en Antena 3... A tempada pasada foi todo un fenómeno de masas, e toda a audiencia esperaba os xoves (cando el aparece habitualmente no programa), para que saíra co seu particular baile, co seu peculiar vehículo e co seu orixinal saúdo: Que pasa neeeeeeeng!!??... Este segundo ano de Buenafuente continúa saíndo por televisión, facendo aparicións asombrosas fronte os invitados máis novedosos e famosos do show. Por que foi el o máis seguido? Hai máis personaxes en Buenafuente, pero ningún tan coñecido nin re-coñecido coma el... Esperemos que continúe facéndonos rir coma sempre...
0 comentarios